Último evento:

Eliminação de acácia e seminário sobre economia do decrescimento, Lentille, Galiza

A Asociación Veciñal de Lentille será anfitrioa dunha xornada de desacaciación e convivio nesa aldea do Ribeiro: será no sábado 20 de maio. A liberación de camiños veciñais e os pequenos e constantes avances contra as estremas seguirán sendo a prioridade. Tamén escascaremos algúns peteiros illados en áreas onde xa vimos traballando hai anos.

A hora de comezo das atividades será ás 9:00 no punto de encontro habitual no Souto. Coma sempre disporemos auga fresca, froita variada, café e algún petisco para un almorzo no monte a media mañá, e pararemos por volta das 14:00 para procedermos co albaroque e a sobremesa. Para vos apuntardes é preciso, alén de serdes Brigadistas, enviar un correo electrónico a avlentille@gmail.com até o 17 de maio a máis tardar. As prazas son limitadas: non demoredes en vos animar.

Tamén queremos lembrar que a leña de acacia procedente da atividade das Brigadas en Lentille estará sempre ao dispor de iniciativas e proxectos sen ánimo de lucro que a precisen para o desenvolvimento da súa actividade en prol do ben común. A Asociación Veciñal de Lentille fica atenta a propostas e solicitudes en avlentille@gmail.com. 

Seminário sobre economia do decrescimento

Na parte da tarde, despois do xantar de albaroque, organizaremos un seminario sobre economía do decrecemento con Noortje Keurhorst, investigadora do Post-Growth Innovation Lab da Universidade de Vigo. Noor aplica a investigación-acción para descubrir como emerxen as iniciativas de pos-crecemento e como poden ser apoiadas.

Este seminario forma parte dos obradoiros de formación para brigadistas nunha parcería co Centro de Estudos Eurorexionais Galiza | Norte de Portugal (CEER), Montescola e À Escuta, apoiada polo programa Erasmus+. Os obradoiros versan sobre temáticas diversas centradas no ámbito de traballo das Brigadas (técnicas de eliminación de EEI, seguridade e protección en traballos forestais, mecánica e mantemento de maquinaria forestal, gobernanza e conservación comunitaria, educación ambiental, etc.). As brigadistas participantes recibirán un certificado do Centro de Saberes para a Sustentabilidade, recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas.

Notícias relacionadas

Mais informações? Abaixo encontras uma seleção de outros eventos que aconteceram durante o Vemo-nos no Monte! Não hesita em descobri-los.

Vemo-nos no Monte!
yamin-ohmar-p_JbDUWJiUM-unsplash

Your monthly contribution supports our beautiful sangha, its in-depth dharma teachings, supports our in-depth programming and livelihoods of our teachers and supports our teachers and community, while giving assistance for those with financial difficulty.

Donations

Notice: Test mode is enabled. While in test mode no live donations are processed.

$ 0
Select Payment Method