En xaneiro de 2021 as Brigadas deseucaliptizadoras iniciaron o seu traballo nunha das comarcas galegas máis castigadas polo eucalipto, eliminando esta especie nunha parcela de 1 hectárea no lugar do Formigueiro (entre Cedeira e santo André de Teixido).
Na xornada do día 18 de febreiro acudiremos novamente a Formigueiro para impulsar a recuperación do bosque autóctono na zona, plantando medio milleiro de árbores autóctonas: carballos, cerdeiras, castiñeiros, bidueiros, nogueiras e avelaneiras, para as que o proxecto Life Terra acaba de apoiar para a adquisición das plantas .
Xa sabedes, deseucaliptiza de morto quem non deseucaliptizou de vivo! Para vos apuntar, é preciso, alén de estardes inscritas como Brigadistas, enviar un correo electrónico quarkping@hotmail.com ata como tarde o día 14 de febreiro. Lembrade que as prazas son limitadas.
É imprescindible que cada quen traía as súas propias luvas e agradécese se tendes na casa sacho, picocha ou similar que a traiades. O machado tamén será de utilidade, polo que aínda que a organización pode prestar varios agradécese a quen dispoña dun propio que o traía. O traballo desenvolverase pola mañá ata as 14:00 h.
Obradoiro de geolocalização e identificação de espécies
Na parte da tarde, despois do xantar de albaroque, organizaremos un obradoiro sobre geolocalização e indentificação de espécies em parceria com o projecto LIFE Terra no que também aprenderemos a utilizar a app iNaturalist de identificação de espécies.
Este obradoiro forma parte do programa de formación para brigadistas nunha parcería co Centro de Estudos Eurorexionais Galiza | Norte de Portugal (CEER), Montescola e À Escuta, apoiada polo programa Erasmus+. Os obradoiros versan sobre temáticas diversas centradas no ámbito de traballo das Brigadas (técnicas de eliminación de EEI, seguridade e protección en traballos forestais, mecánica e mantemento de maquinaria forestal, gobernanza e conservación comunitaria, educación ambiental, etc.). As brigadistas participantes recibirán un certificado do Centro de Saberes para a Sustentabilidade, recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas.