Este ano as Brigadas voltan a xuntarse en Froxán (Lousame), para a tradicional “Roga de San Silvestre”, na que poderedes graxear e poñervos en forma restaurando o bosque nativo.
Desta volta a contraprogramación festiva fai que non puidésemos marcar a convocatoria en fin de semana, máis agardamos que moitas de vós aínda vos acheguedes o martes 27 de decembro, día para o que temos reservado excelente tempo solleiro.
Na intervención plantaremos varios centos de árbores autóctobas en dúas parcelas que xa foron deseucaliptizadas previamente polas Brigadas, ademais de machacar ou descascar puntualmente algúns rebrotes. Trátase de parcelas con acordos de custodia do territorio coa Fundación Montescola, e para as que o proxecto Life Terra nos ven de apoiar na adquisición de planta.
Para participar é imprescindíbel, alén de estardes inscritas como Brigadistas, enviar un correo electrónico a info@montescola.org ata como moi tarde o sábado día 24 de decembro. Por favor, inscríbite só se podes vir.
Seminário sobre conservação comunitária
Na parte da tarde, despois do xantar de albaroque, organizaremos un seminario sobre conservação comunitária da man de Luis Suaréz-Llanos Outeriño, consultor en permacultura e responsável de projectos de reforestação na fundação LIFE Terra.
Este seminário forma parte do programa de formación para brigadistas nunha parcería co Centro de Estudos Eurorexionais Galiza | Norte de Portugal (CEER), Montescola e À Escuta, apoiada polo programa Erasmus+. Os obradoiros versan sobre temáticas diversas centradas no ámbito de traballo das Brigadas (técnicas de eliminación de EEI, seguridade e protección en traballos forestais, mecánica e mantemento de maquinaria forestal, gobernanza e conservación comunitaria, educación ambiental, etc.). As brigadistas participantes recibirán un certificado do Centro de Saberes para a Sustentabilidade, recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas.