Último evento:

Eliminação de acácia e seminário de gestão de ecossistemas florestais, Lentille, Galiza

A Asociación Veciñal de Lentille convoca as brigadistas todas para lle arrearmos outra poderosa trabada ao asedio das mimosas na súa aldea. Desta volta concentraremos os esforzos en erradicarmos pequenos focos de invasión dentro da aldea e liberarmos camiños  e sendeiros veciñais e as súas marxes. Separaremos ramallada para a sua posterior compostaxe e leña.

A hora de comezo das atividades será ás 10:00 no punto de encontro habitual no Souto. Coma sempre disporemos auga fresca, froita variada, café e algún petisco para un almorzo no monte a media mañá, e pararemos por volta das 14:00 para procedermos co albaroque e a sobremesa. Para vos apuntardes é preciso, alén de serdes Brigadistas, enviar un correo electrónico a avlentille@gmail.com até o 9 de novembro a máis tardar. As prazas son limitadas: non demoredes en vos animar.

Tamén queremos lembrar que a leña de acacia procedente da atividade das Brigadas en Lentille estará sempre ao dispor de iniciativas e proxectos sen ánimo de lucro que a precisen para o desenvolvimento da súa actividade en prol do ben común. A Asociación Veciñal de Lentille fica atenta a propostas e solicitudes en avlentille@gmail.com.

Seminário de gestão de ecossistemas florestais

Na parte da tarde, despois do xantar de albaroque, organizaremos un seminario sobre xestión de ecosistemas forestais da man de Pascal Witzkewitz do programa internacional de xestión de ecosistemas forestais da Universidade de Eberswalde para o desenvolvimento sustentável (Eberswalde University for Sustainable Development), que facilitarán un debate sobre conceptos e modelos forestais alternativos.

Este seminario forma parte dos obradoiros de formación para brigadistas nunha parcería co Centro de Estudos Eurorexionais Galiza | Norte de Portugal (CEER), Montescola e À Escuta, apoiada polo programa Erasmus+. Os obradoiros versan sobre temáticas diversas centradas no ámbito de traballo das Brigadas (técnicas de eliminación de EEI, seguridade e protección en traballos forestais, mecánica e mantemento de maquinaria forestal, gobernanza e conservación comunitaria, educación ambiental, etc.). As brigadistas participantes recibirán un certificado do Centro de Saberes para a Sustentabilidade, recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas.

Notícias relacionadas

Mais informações? Abaixo encontras uma seleção de outros eventos que aconteceram durante o Vemo-nos no Monte! Não hesita em descobri-los.

Vemo-nos no Monte!
yamin-ohmar-p_JbDUWJiUM-unsplash

Your monthly contribution supports our beautiful sangha, its in-depth dharma teachings, supports our in-depth programming and livelihoods of our teachers and supports our teachers and community, while giving assistance for those with financial difficulty.

Donations

Notice: Test mode is enabled. While in test mode no live donations are processed.

$ 0
Select Payment Method