O 23 de xuño abrimos unha nova zona de intervención en Froxán eliminando eucaliptos ao longo do rego da Abelleira, en parcelas con acordos de custodia do territorio coa Fundación Montescola, nas que no próximo inverno plantaremos árbores nativas.
A roga comezará ás 09:30 da mañá logo de nos encontrar nas proximidades da aldea. Apearemos eucaliptos para preparar o terreno para plantar árbores frondosas autóctonas no próximo inverno.
Para participar é imprescindíbel, alén de estardes inscritas como Brigadistas, enviar un correo electrónico a info@montescola.org ata como moi tarde até o mércores 20. Por favor, inscríbite só se podes vir.
Seminário de governança de terras comunitárias
Na parte da tarde, despois do xantar de albaroque, organizaremos un seminario sobre governança de terras comunitárias, no que se abordará a origem, história e problemáticas atuais dos montes vizinais em mão comum, da mão de Joám Evans Pim, doutor em ciências sociais e professor adjunto da Universidade Åbo Akademi, na Finlândia.
Este seminário forma parte do programa de formación para brigadistas nunha parcería co Centro de Estudos Eurorexionais Galiza | Norte de Portugal (CEER), Montescola e À Escuta, apoiada polo programa Erasmus+. Os obradoiros versan sobre temáticas diversas centradas no ámbito de traballo das Brigadas (técnicas de eliminación de EEI, seguridade e protección en traballos forestais, mecánica e mantemento de maquinaria forestal, gobernanza e conservación comunitaria, educación ambiental, etc.). As brigadistas participantes recibirán un certificado do Centro de Saberes para a Sustentabilidade, recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas.