Presentamos o webinar “Experiencias para a erradicación de especies exóticas invasoras e restauración do bosque atlántico” que se celebrará online o 26 de maio ás 17.30h, coa participación de representantes da Fundación Internacional para a Restauración de Ecosistemas (FIRE), a Asociación Veciñal de Lentille e a Fundación Montescola, na que se apresentará o proxecto “Vemo-nos no monte!” e a experiencia das Brigadas Deseucaliptizadoras de Verdegaia.
A actividade encádrase na “Semana sobre Especies Invasoras: Portugal & España, SEI 2022” que organiza entre o 21 e o 29 de maio a Rede Portuguesa de Estudo e Gestão de Espécies Invasoras, a Plataforma INVASORAS.PT e os proxectos LIFE STOP Cortaderia e LIFE INVASAQUA e que está aberta ao público en xeral.
“Vemo-nos no monte!” é unha parcería entre o Centro de Estudos Eurorexionais Galiza | Norte de Portugal (CEER), Montescola e À Escuta, apoiada polo programa Erasmus+ da Comisión Europea.