No domingo 7 de agosto continuaremos coa deseucaliptización nunha nova zona de intervención en Froxán (Lousame), ao longo do rego da Abelleira, en parcelas con acordos de custodia do territorio coa Fundación Montescola, nas que no próximo inverno plantaremos árbores nativas.
A roga comezará ás 09:30 da mañá logo de nos encontrar nas proximidades da aldea. Apearemos eucaliptos para preparar o terreno para plantar árbores frondosas autóctonas no próximo inverno.
Para participar é imprescindíbel, alén de estardes inscritas como Brigadistas, enviar un correo electrónico a info@montescola.org ata como moi tarde até o día 4 de agosto. Por favor, inscríbite só se podes vir.
Debate sobre incêndios florestais na Galiza e no Chile
Na parte da tarde, despois do xantar de albaroque, organizaremos um seminário de debate com as ativistas e realizadoras audiovisuais chilenas Verónica González e Nicolás Salazar, que dirixiron o recentemente lanzado documentario Llamas del Despojo: Incendios del Negocio Forestal. O debate acordará o desafíos dos incendios e dos monocultivos forestais na Galiza e no Chile.
Este seminario forma parte do programa de formación para brigadistas nunha parcería co Centro de Estudos Eurorexionais Galiza | Norte de Portugal (CEER), Montescola e À Escuta, apoiada polo programa Erasmus+. Os obradoiros versan sobre temáticas diversas centradas no ámbito de traballo das Brigadas (técnicas de eliminación de EEI, seguridade e protección en traballos forestais, mecánica e mantemento de maquinaria forestal, gobernanza e conservación comunitaria, educación ambiental, etc.). As brigadistas participantes recibirán un certificado do Centro de Saberes para a Sustentabilidade, recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas.