As Brigadas lánzanse a deseucaliptizar un novo territorio o 21 maio da man da Comunidade do Monte Veciñal en Man Común de Vila Cova, en Lousame. A roga estará centrada na eliminación de rebrotes de eucalipto nunha zona de varias hectáreas nas que a Comunidade suprimiu os eucaliptos existentes. No inverno, darase continuidade aos traballos cunha plantación de frondosas.
A roga comezará ás 09:30 da mañá e teremos como punto de encontro o Campo de Fútbol de Vila Cova, situado ao pé da igrexa e da taberna “Vila da Cova”. Desde alí agruparémonos nos vehículos para subir ata as proximidades da zona de intervención. É importante estardes puntualmente ás 9:30, pois do contrario será difícil orientarvos para chegar ao punto de traballos.
Para participar é imprescindíbel, alén de estardes inscritas como Brigadistas, enviar un correo electrónico a brigadasvilacoba@gmail.com ata como moi tarde o sábado día 14 de maio.
Obradoiro de mecânica de ferramentas florestais
Na parte da tarde, despois do xantar de albaroque, organizaremos un obradoiro de mecânica de ferramentas florestais da mão de José Rodríguez Cao, capataz florestal, que explicará de jeito práctico como realizar algumas operações básicas como trocar ou afiar correntes de uma motosserra ou realizar a manutenção de motosserra e motoroçadora para uma melhor eficiência e segurança no seu uso.
Este obradoiro forma parte do programa de formación para brigadistas nunha parcería co Centro de Estudos Eurorexionais Galiza | Norte de Portugal (CEER), Montescola e À Escuta, apoiada polo programa Erasmus+. Os obradoiros versan sobre temáticas diversas centradas no ámbito de traballo das Brigadas (técnicas de eliminación de EEI, seguridade e protección en traballos forestais, mecánica e mantemento de maquinaria forestal, gobernanza e conservación comunitaria, educación ambiental, etc.). As brigadistas participantes recibirán un certificado do Centro de Saberes para a Sustentabilidade, recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas.